Botanix - Unha publicación sobre plantas e xardinería

Botanix Edición Galega

Palmeira tolerante ás xeadas Rhapidophyllum hystrix (a palmeira agulla)

imaxe

Rhapidophyllum hystrix

Rhapidophyllum hystrix é unha das especies de palmeira máis tolerantes ó frío. Só hai unha especie no xénero Rhapidophyllum. O hábitat natural desta palmeira son as zonas húmidas do sueste dos Estados Unidos de América; nembargantes, debido á súa tolerancia ás xeadas que é de ata – 20 °C, é unha planta de xardín moi popular arredor do mundo, particularmente en Europa.

venres 12.3.2010 22:35 | Imprima | Palmeiras

O piñeiro Khasi (Pinus kesiya)

O piñeiro Khasi (Pinus kesiya) é unha especie de crecemento rápido de Asia, que non é atopada apenas en cultivo fóra do seu lugar de orixe. As árbores medran ata os 30–35 metros, e os troncos poden acadar un diámetro de 1 metro. As follas están agupadas en tríos, e cada unha ten 15–20 cm. Os froitos (piñas) teñen 5 a 9 cm de longo e a semente de 1,5 a 2,5 cm.

xoves 11.3.2010 22:33 | Imprima | Coníferas

A faia india Pongamia pinnata

imaxe

Pongamia pinnata

A faia india Pongamia pinnata (outros nomes: árbore Honge, árbore Pongam, Panigrahi) é unha árbore caducifolia, de 15–25 meters de atura, que pertence á familia Fabaceae. Ten unha copa ampla con numerosas flores pequenas, brancas, rosadas ou violetas. É orixinaria da India, pero atópase amplamente cultivada no sueste de Asia.

mércores 10.3.2010 22:32 | Imprima | Plantas exóticas

Loto indio (Nelumbo nucifera)

imaxe

A flor do loto indio

O loto indio (Nelumbo nucifera) é unha marabillosa planta acuática con follas de cor verde clara que aboian na auga. As flores rosadas atópanse en talos grosos que sobresaen varios centímetros sobre a auga.

luns 8.3.2010 22:12 | Imprima | Plantas acuáticas

Continue: 1-5 6-9

Acerca de KPR

KPR - Club de Xardineiros de Eslovaquia
KPR - Club de Xardineiros é unha organización internacional de xardineiros. Lea máis...
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.