Botanix - Unha publicación sobre plantas e xardinería

Botanix Edición Galega

A medranza do mango a partir de semente

Debería sementar sementes recién colleitadas para acada-los mellores resultados de xerminación. Remolle as sementes en auga a unha temperatura de 20–25 °C durante unhas 2–6 horas.

venres 26.3.2010 22:12 | Imprima | Plantas exóticas, Instruccións sobre o cultivo das plantas

Mango Kalimantan, Kasturi (Mangifera casturi)

O mango Kalimantan (Mangifera casturi), coñecido localmente coma Kasturi, é unha árbore froiteira tropical de 10–30 m de altura, endémica dunha área moi pequena arredor de Banjarmasin no sur de Borneo (Indonesia). Hoxe en día está extinguido no medio natural debido á tala ilegal; nembargantes é aínda frecuentemente cultivado nesa área polos seus deliciosos froitos.

xoves 25.3.2010 22:08 | Imprima | Plantas exóticas

Árbore do pan Artocarpus odoratissimus, Marang

O xénero da árbore do pan (Artocarpus) consiste nunhas 60 especies de árbores tropicais sempreverdes da familia Moraceae (familia da moreira ou da figueira). Están presentes no sueste de Asia e as illas do Pacífoco. A árbore do pan está estreitamente emparentada cos Ficus (Figueiras). A árbore do pan máis cultivada é Artocarpus altilis. Outras especies coma Artocarpus communis, Artocarpus integer (Cempedak), Artocarpus heterophyllus (Jackfruit, Nangka) e Artocarpus odoratissimus (Marang) son parte tamén da familia da árbore do pan.

martes 23.3.2010 22:07 | Imprima | Plantas exóticas

Palmeira Parajubaea torallyi (Palmeira Chico, cocoteiro de montaña de Bolivia)

Parajubaea torallyi é unha elegante plama resistente de Sudamérica. Nembargantes, é raramente cultivada polos xardineiros fóra do seu hábitat natural, Bolivia, debido ás súas grandes sementes (o que significa altos custos de transporte)

Nativa de Bolivia, medra nos secos e poirentos vales interandinos a unha altitude de 2700–3400 m sobre o nivel do mar. Así pois, esta palmeira é a que a maior altitude medra no mundo.. A temperatura raramente supera os 20 °C e as xeadas nocturnas non son raras a esta altitude. A temperatura a miúdo cae ata –7 °C duranta os meses de inverno (xullo e agosto) e a choiva anual é tan só de 550 mm.

luns 15.3.2010 22:06 | Imprima | Palmeiras

Mangos de Indonesia

Na illa de Borneo (Indonesia) hai presentes 34 especies de mangos (Mangifera). Moitos deles están seriamente en perigo de extinción debido á deforestación. Algunha das especies de mango, como o mango de Kalimantan (Mangifera casturi) está xa prácticamente extinto en estado silvestre.

Outros mangos de Borneo son por exemplo Mangifera griffithi (coñecidos cos seguintes nomes locais: asem raba e romian), Mangifera pajang (asem payang), Mangifera quadrifida (asem kipang) e Mangifera torquenda (asem putaran).

sábado 13.3.2010 22:41 | Imprima | Plantas exóticas

Continue: 1-5 6-9

Acerca de KPR

KPR - Club de Xardineiros de Eslovaquia
KPR - Club de Xardineiros é unha organización internacional de xardineiros. Lea máis...
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.